viernes, 2 de septiembre de 2011

BIRGIT, HISTORIA DE UNA MUERTE

A dura realidade do cancro narrada dende os ollos dunha nena. 

Alá polo mes de xullo tiven a oportunidade de coñecer en persoa a Gracia Santorum, de Trafegando Ronseis. Recomendoume nesa ocasión a lectura de Birgit, historia de una muerte, escrito por Gudrun Mebs e ilustrado por Beatriz Martín Vidal para a editorial El Jinete Azul. 

Aínda que o esquecemos (ou pretendemos facelo), a morte é unha realidade tan cotiá e natural como o nacemento dunha vida.

Nesta noveliña relátase como Birgit vai sucumbindo, día a día, ante un cancro cerebral. A novidade é que este proceso está narrado pola súa irmá pequena, que, coa súa visión infantil, dulcifica un trance tan tremendo.

Os comentarios de Gracia foron completamente acertados: chorei, non dende a primeira páxina, senon xa dende a primeira liña. E valorei a delicadeza e a sutileza das ilustracións de Beatriz Martín Vidal pola súa beleza e pudor no tratamento dun tema tan real, pero tan duro.

Unha lectura dura? Por suposto. Pero a vida non é de cor de rosa, e ter unha experiencia lectora sobre temas serios e reais sempre é preferible que vivir en primeira persoa unha enfermidade de tal envergadura.

No hay comentarios: