domingo, 25 de septiembre de 2011

GERONIMO STILTON ENGLISH !


A nosa biblioteca xa empeza a ter a vosa disposición unha colección de libros billingües da editorial Planeta onde cada libro céntrase en dous temas, por exemplo "o corpo humán e os números e cores"; e ademáis de conter un libro con historias, comics e vocabulario, tamén conten un CD para escoitalas, repetilas e aprender e cantar as cancións.
Está recomendado para todos aqueles lectores a partir de 6 anos, tanto para os seguidores de Gerónimo como para aqueles de máis idade que queren repasar o vocabulario en inglés e ter un momento divertido.

Let's read and improve ypur English!!!

viernes, 2 de septiembre de 2011

BIRGIT, HISTORIA DE UNA MUERTE

A dura realidade do cancro narrada dende os ollos dunha nena. 

Alá polo mes de xullo tiven a oportunidade de coñecer en persoa a Gracia Santorum, de Trafegando Ronseis. Recomendoume nesa ocasión a lectura de Birgit, historia de una muerte, escrito por Gudrun Mebs e ilustrado por Beatriz Martín Vidal para a editorial El Jinete Azul. 

Aínda que o esquecemos (ou pretendemos facelo), a morte é unha realidade tan cotiá e natural como o nacemento dunha vida.

Nesta noveliña relátase como Birgit vai sucumbindo, día a día, ante un cancro cerebral. A novidade é que este proceso está narrado pola súa irmá pequena, que, coa súa visión infantil, dulcifica un trance tan tremendo.

Os comentarios de Gracia foron completamente acertados: chorei, non dende a primeira páxina, senon xa dende a primeira liña. E valorei a delicadeza e a sutileza das ilustracións de Beatriz Martín Vidal pola súa beleza e pudor no tratamento dun tema tan real, pero tan duro.

Unha lectura dura? Por suposto. Pero a vida non é de cor de rosa, e ter unha experiencia lectora sobre temas serios e reais sempre é preferible que vivir en primeira persoa unha enfermidade de tal envergadura.