jueves, 26 de abril de 2012

DE LA SERIE GHOSTGIRL


Gustaríame recomendar o libro ¿Descanse en paz? da colección Ghostgrirl.
É un libro que mestura un pouco de Fantasía con Realismo.
O autor é Tonya Hurley, que narra o conto na época actual e a  protagonista é Charlotte Usher, unha nena un pouco tímida e invisible para a sociedade na que vive. A nena morre pero quere facerse popular a toda costa, viva ou morta.
Ao principio, parecíame un libro un tanto extrano, pero segundo vas lendo gústache cada vez máis e estás intentando rematalo para coñecer o desenlace

Antía 6ºB

AVENTURA EN NUEVA YORK



Aventura en Nueva York de Tea Stilton, é unha historia  de misterio e de actualidade.
Trata sobre o grupo das ratiñas máis famosas da cidade Ratford. Vanse a Nueva York, que é  a ciudade onde se críou unha delas, Pamela.
O argumento é que na pizzería da súa familia comezan a aparecer roubos e cousas moi misteriosas, e teñen que descubrir o que está acontecendo. Da colección que hai de Tea Stilton é o que máis me gusta, porque ten moito suspense.
Feito por Noa 6ºB

SIN HABLAR

Estamos a ler na clase Sin hablar de Andrew Clements da Editorial Everest e resúltanos bastante interesante;  porque é unha historia  que aconteceu  no colexio LAKENTON,  nos Estados Unidos.
Tamén identifícome moito, xa que os protagonistas son nenos e nenas de 11 anos, da miña idade , que están en 5º de Primaria e deciden facer unha competeción e estar sen falar durante un día porque son moi pero que moi charlatáns. Só poderán dicir 3 palabras; uf, que difícil!!! 
É un libro moi entretido e enganchoume totalmente.
Mariann de 6ºB

viernes, 24 de febrero de 2012

EL PINTOR DEL SOMBRERO DE MALVAS


Eu leín este libro escrito por Marcos Calveiro e publicado pola Editorial Edelvives, e fágovos esta recomendación porque me pareceu un libro fermoso cunhas frases que fan reflexionar sobre o verdadeiro sentido da vida e unhas palabras que te sumerxen entre as súas páxinas.

Trata sobre un adolescente que vive en París pero que, certo día, ten que coller un tren sen a súa nai para viaxar a outra localidade mentras ela consegue cartos para seguir adiante. Neste misterioso pobo estará coa súa tía e coñecerá a un famoso pintor co que vivirá grandes aventuras e, por primeira vez, se enfrentará á morte.

¿Queres saber quen é ?

Pois descúbreo na nosa biblioteca na sección amarela para lectores de máis de 10 anos.

Recomendación realizada por Antía Martínez de 6ºA

jueves, 26 de enero de 2012

LA CRUZADA DE LOS NIÑOS


Un magnífico álbum para ler polo Día da Paz.

Xa había moito tempo que escoitara falar deste fantástico álbum. Este verán autoagasalleime con el. E as miñas expectativas foron cubertas longamente.

O texto é un poema de Bertolt Brecht que narra a historia dun grupo de rapaces na Polonia da Segunda Guerra Mundial. As ilustracións (liñas negras e vermellas), de Carme Solé Vendrell. A edición, de El Jinete Azul, tan coidada como todas as desta editorial. 

A simplicidade das ilustracións contribúe a reforzar a dureza do relato, pero, ó mesmo tempo, a súa sensibilidade. Unha lectura curta pero moi aconsellable para o alumnado de máis de 11 anos e, por suposto, para os adultos.

Porque, para conquerir un futuro mellor, nunca hai que esquecer o pasado.

lunes, 2 de enero de 2012

LILLIPUTIENS... LIBRO - XOGOS

http://www.lilliputiens.be/ES/#/es

Un precioso xeito de contar o conto de Carrapuchiña...

...ou o dos Tres Porquiños e o Lobo. Porque Lilliputiens presenta unhas magníficas pezas coas que os adultos poden contar estes contos tradicionais ós máis cativiños empregando marionetas coas que manter a súa atención. 

Por experiencia...! O conto de Carrapuchiña, cada vez, gústalle máis á rapazada.