domingo, 30 de noviembre de 2014

EL FANTASMA DE MOZART


De Inés Gregori Labarta y Javier Gregori.

É un libro moi interesante cheo de cousas emocionantes, moi realista. Os personaxes (que son membros dunha banda) pasaron unha fin de semana de aventuras na que tiveron que ir á casa de Mozart, porque se apuntaran a un concurso de música e querían tocar a súa primeira partitura. Pero mentras, teñen que ter coidado con outra banda que quere arrebatárllela.

Seguro que se empezades a lelo, xa non ides poder deixalo. Polo tanto, o mellor é que leades este gran libro.

Roque 5º A

jueves, 6 de marzo de 2014

MATILDA




De Roald Dahl. 

Vouvos facer unha recomendación do libro que máis me gustou da Biblioteca. É un libro que moita xente coñece: Matilda. Está xenial!

Trata dunha nena superdotada: lé libros de adultos con tan só 4 anos! Pero os seus pais... digamos que son parvos, pois non se decatan das dotes de Matilda. Sempre que ela quere dicir algo, os seus pais encóntranlle o lado negativo.

O seu primeiro día de clase Matilda coñece á directora, que "é como un verme", pero un verme grande, grandísimo. Odia tanto Matilda á directora...!

A protagonista ten un poder, e cóntallo á súa mestra. Esta, a cambio, relátalle a súa vida.

Lede Matilda!

Silvia - 6º B

miércoles, 26 de febrero de 2014

A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE



De Jacqueline Kelly. 

Encantoume ler este libro.

Trátase dunha nena chamada Calpurnia. A súa vida era un pouco complicada: a costura e a calceta non lle saían moi ben; a cociña tampouco. Por iso, para que Calpurnia mellorase, a súa nai dáballe clase todos os días.

Sen embargo, a ela todo aquilo non lle gustaba. O que lle gustaba era ir co seu avó a buscar espécimes novas ao lado do río.

Ademais, ela quería ir a estudar na Universidade, pero a súa nai quería que fose unha boa esposa e ama de casa.

Lhorrana Cordeiro - 6º B de Primaria