miércoles, 26 de febrero de 2014

A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE



De Jacqueline Kelly. 

Encantoume ler este libro.

Trátase dunha nena chamada Calpurnia. A súa vida era un pouco complicada: a costura e a calceta non lle saían moi ben; a cociña tampouco. Por iso, para que Calpurnia mellorase, a súa nai dáballe clase todos os días.

Sen embargo, a ela todo aquilo non lle gustaba. O que lle gustaba era ir co seu avó a buscar espécimes novas ao lado do río.

Ademais, ela quería ir a estudar na Universidade, pero a súa nai quería que fose unha boa esposa e ama de casa.

Lhorrana Cordeiro - 6º B de Primaria