lunes, 29 de julio de 2013

EL LECTOR DE JULIO VERNE


De Almudena Grandes.

A segunda novela sobre a triloxía que, en torno á Guerra Civil (Episodios de una guerra interminable), está a escribir esta autora (a primeira, a premiada Inés y la alegría).

Escrita con grande delicadeza e moi ben documentada, trasládanos a un pobo da Serra de Xaén e á vida na posguerra vista dende o punto de vista dun neno de 9 anos (Nino). Un mundo violento, represivo, no que gardar as apariencias é fundamental para manter a vida, e no que os chivatos están á orde do día.

Un libro para entender a vida e as actitudes dos nosos maiores. E un libro que fala de libros. De Xulio Verne (Os fillos do Capitán Grant, A Illa Misteriosa, Miguel Strogoff...) pero tamén de Pérez Galdós (Episodios Nacionais). Un libro para saber, para entender... e para disfrutar.

Podedes comezar a facelo co book trailer do libro:



E aquí vos deixamos o enlace á páxina de Almudena Grandes onde fala de El lector de Julio Verne

martes, 26 de febrero de 2013

HISTORIA DEL REY TRANSPARENTE


De Rosa Montero.

Dende as primeiras palabras, este libro de Rosa Montero engancha. Se a isto engadimos un tema (para min apaixoante) como é a Idade Media, o éxito está asegurado. Unha historia de ficción que mistura (aínda que desorganizados cronoloxicamente) personaxes e feitos reais (Ricardo Corazón de León, Leonor de Aquitania, a lírica trovadoresca, a Cruzada dos Nenos, a herexía dos cátaros...), e na que a protagonista é unha muller que se fai a si mesma. Aquí vos deixo o comezo da novela, para "abrir boca".

"Soy mujer y escribo. Soy plebeya y sé leer. Nací sierva y soy libre. He visto en mi vida cosas maravillosas. He hecho en mi vida cosas maravillosas. Durante algún tiempo, el mundo fue un milagro. Luego regresó la oscuridad. La pluma tiembla entre mis dedos cada vez que el ariete embiste contra la puerta. Un sólido portón de metal y madera que no tardará en hacerse trizas. Pesados y sudados hombres de hierro se amontonan en la entrada. Vienen a por nosotras. Las Buenas Mujeres rezan. Yo escribo. Es mi mayor victoria, mi conquista, el don del que me siento más orgullosa; y aunque las palabras están siendo devoradas por el gran silencio, hoy constituyen mi única arma."

Para saber máis se premedes aquí accederedes a unha entrevista a Rosa Montero sobre esta novela.