miércoles, 1 de diciembre de 2010

Soy una adolescente



Vouvos presentar o libro de Soy una adolescente

É da autora Nuria Roca e da ilustradora Meritxell Ribes. A súa editorial é Molino. Gústame porque axuda ás nenas a que comecen a coñecer ben o seu corpo, e que nun futuro non cometan erros graves ou teñan problemas. Se tes 10 ou máis anos este é un libro feito para ti.

Collino en préstamo na Biblioteca Pública Central de Vigo.



Aida 6ºA


jueves, 25 de noviembre de 2010

O PRÍNCIPE DAS SOMBRAS


Un libro interesantísimo

O príncipe das sombras é un libro que trata dun príncipe que está a buscar un neno que aínda non teña cumpridos os dez anos. Esto débese a que a princesa Iola e toda a xente da súa cidade están convertidos en... retratos!!! O Trescabezas, o monstro de tres cabezas, lanzou un maleficio contra a Cidade Feliz... que agora xa non é feliz. O neno vivirá moitas aventuras e superará moitas probas, non só para vencer ao Trescabezas senón tamén para chegar á Cidade Feliz e saber voltar a casa!!!!!!!! Se queredes mergullarvos nunha aventura inolvidable só tedes que ler este libro.
Antía M. 5ºA

NATA Y CHOCOLATE





Que libro máis divertido!¡!¡!¡!¡!

Que vos parecían as recomendacións do ano pasado?
Pois agora as facemos no blogue!


O libro que imos recomendarvos é "Nata y Chocolate". Trata sobre unha nena albina á que, no seu colexio, desprezan, insultan,

Un día chegou unha mestra chamada Inés...

Bueno non vos imos contar máis, se o queredes ler o tendes na Biblioteca (dous iguais) a partir de hoxe, 25/11/2.010.



Bicos!¡!¡!

Autoras: Alba e Ana.
obrigan a facer os deberes dos demáis... Unha nena chamada Lola, (non a de 5º).

martes, 23 de noviembre de 2010

MESSI. A GLORIA DO FÚTBOL

Regaláronme este libro de Miguel Herre e gustoume moito.

LEO MESSI acadou polos seus propios méritos un gran respecto no mundo do fútbol . Dotado dun talento excepcional e unha técnica prodixiosa , o seu partido xa é un espectáculo . Aos 22 anos é considerado o mellor xogador do mundo, así porla que recibe o FIFA WORLD PLAYER  eo BALÓN DE OURO . O premio final é gañar a BOTA DE OURO como mellor goleador en Europa.

 OSCAR -6ºA

miércoles, 3 de noviembre de 2010

EL FACTOR HUMANO


Hai algúns meses, falaba en O lar de Frianciño de Invictus, e vos convidaba a vela.

Este verán caeu nas miñas mans a novela El factor humano, escrita polo periodista John Carlin. O momento resultaba idóneo para a súa lectura: o recente Mundial de Fútbol nos trasladaba a Sudáfrica; a ilusión pola victoria da nosa Selección facíame vivir con emoción todo o que na novela se narraba.

Porque, aínda que John Carlin é periodista (e intenta proporcionarnos datos verídicos froito das súas investigacións) é quen de tecer unha auténtica novela que nos engancha dende a primeira páxina.

Se na película de Clint Eaastwood intuíamos que a final do Mundial de Rugby de 1995 era un pretexto para ensalzar a figura de Nelson Mandela, en El factor humano temos a certeza de que esa é a pretensión do autor. Grazas a ela, coñecemos a un home que loitou pola liberdade, que padeceu a cadea durante trinta anos da súa vida e que, lonxe de odialos, foi quen de perdoar ós seus carceleiros e convencelos para facer do seu país un estado democrático e libre.

Convídovos a disfrutar desta lectura. Un xeito moi agradable de descubrir que, fóra do noso país, existen outros mundos distintos ó noso.

Frianciño

lunes, 1 de noviembre de 2010

UN BLOG PARA QUE FAGADES AS VOSAS RECOMENDACIÓNS


Ven de nacer O que o vento non levou, o blog de Recomendacións de O lar de Frianciño.

Coa intención de estimular a escritura, a reflexión sobre as nosas lecturas e o sentido crítico, nace O que o vento non levou, o blog de recomendacións da Biblioteca Escolar do noso Centro: o C.E.I.P. Frian - Teis.

O título é un guiño a aquela famosa novela de Margaret Mitchel convertida en película (Levado polo vento) na que se nos narraba o dramático fin da escravitude nos Estados Unidos e o cambio social que se produxo nos estados do Sur.

Neste blog non queremos facer fincapé nos pormenores, nen queremos xulgar se unha obra é boa ou non dende o punto de vista literario. Queremos compartir as sensacións que nos produxo unha lectura, os cambios que supuxo na nosa vida, o arrecendo que flota no aer cada vez que alguén pronuncia o seu título. En definitiva, o entusiasmo co cal animamos a outros a seguir os nosos pasos, a tomar a obra entre as mans, e... a ler!

E como o noso empeño é que lean todos, ata "o apuntador", queremos que todos, a Comunidade Educativa ó completo (pais e nais, alumnos e alumnas, mestres e mestras) poidan participar cos seus comentarios e as súas recomendacións. Dende aquí animámosvos a facelo.

Grazas por ler! Grazas por compartir