miércoles, 3 de noviembre de 2010

EL FACTOR HUMANO


Hai algúns meses, falaba en O lar de Frianciño de Invictus, e vos convidaba a vela.

Este verán caeu nas miñas mans a novela El factor humano, escrita polo periodista John Carlin. O momento resultaba idóneo para a súa lectura: o recente Mundial de Fútbol nos trasladaba a Sudáfrica; a ilusión pola victoria da nosa Selección facíame vivir con emoción todo o que na novela se narraba.

Porque, aínda que John Carlin é periodista (e intenta proporcionarnos datos verídicos froito das súas investigacións) é quen de tecer unha auténtica novela que nos engancha dende a primeira páxina.

Se na película de Clint Eaastwood intuíamos que a final do Mundial de Rugby de 1995 era un pretexto para ensalzar a figura de Nelson Mandela, en El factor humano temos a certeza de que esa é a pretensión do autor. Grazas a ela, coñecemos a un home que loitou pola liberdade, que padeceu a cadea durante trinta anos da súa vida e que, lonxe de odialos, foi quen de perdoar ós seus carceleiros e convencelos para facer do seu país un estado democrático e libre.

Convídovos a disfrutar desta lectura. Un xeito moi agradable de descubrir que, fóra do noso país, existen outros mundos distintos ó noso.

Frianciño

No hay comentarios: