jueves, 6 de marzo de 2014

MATILDA




De Roald Dahl. 

Vouvos facer unha recomendación do libro que máis me gustou da Biblioteca. É un libro que moita xente coñece: Matilda. Está xenial!

Trata dunha nena superdotada: lé libros de adultos con tan só 4 anos! Pero os seus pais... digamos que son parvos, pois non se decatan das dotes de Matilda. Sempre que ela quere dicir algo, os seus pais encóntranlle o lado negativo.

O seu primeiro día de clase Matilda coñece á directora, que "é como un verme", pero un verme grande, grandísimo. Odia tanto Matilda á directora...!

A protagonista ten un poder, e cóntallo á súa mestra. Esta, a cambio, relátalle a súa vida.

Lede Matilda!

Silvia - 6º B