Ven de nacer O que o vento non levou, o blog de Recomendacións de O lar de Frianciño.
Coa intención de estimular a escritura, a reflexión sobre as nosas lecturas e o sentido crítico, nace
O que o vento non levou, o blog de recomendacións da Biblioteca Escolar do noso Centro: o
C.E.I.P. Frian - Teis.
O título é un guiño a aquela famosa novela de
Margaret Mitchel convertida en película
(Levado polo vento) na que se nos narraba o dramático fin da escravitude nos Estados Unidos e o cambio social que se produxo nos estados do Sur.
Neste blog non queremos facer fincapé nos pormenores, nen queremos xulgar se unha obra é boa ou non dende o punto de vista literario. Queremos compartir as sensacións que nos produxo unha lectura, os cambios que supuxo na nosa vida, o arrecendo que flota no aer cada vez que alguén pronuncia o seu título. En definitiva, o entusiasmo co cal animamos a outros a seguir os nosos pasos, a tomar a obra entre as mans, e... a ler!
E como o noso empeño é que lean todos, ata "o apuntador", queremos que todos, a Comunidade Educativa ó completo (pais e nais, alumnos e alumnas, mestres e mestras) poidan participar cos seus comentarios e as súas recomendacións. Dende aquí animámosvos a facelo.
Grazas por ler! Grazas por compartir